O Concello de Vigo organiza unha Liga de Natación Escolar en estilos libre e costas
Abel Caballero presentou este luns o novo certame, organizado polo Concello baixo a dirección do Club Natación Vigo Rías Baixas e a colaboración da Federación de Pais e Nais de Alumnos. En categoría promesas e benxamín, os centros poden inscribir aos alumnos ata o próximo 21 de febreiro.
Acompañado por Bertila Fernández e Camilo Barbará en representación de FOANPAS e o Club Natación Vigo Rías Baixas respectivamente, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o alcalde informou esta mañá en rolda de prensa da celebración deste novo evento deportivo, organizado polo Concello e coa dirección técnico-deportiva do club.
Sen limitación de número, a Liga está aberta a todos os nadadores matriculados nos colexios de Vigo no ciclo educativo de Primaria que ao longo da tempada 2013/14 estean matriculados no programa de natación ofertado polo Concello de Vigo, o IMD ou participando en cursos de natación a través das ANPAS. As inscripcións están abertas ata o próximo 21 de febreiro vía mail, fax ou presencialmente na Fundación VIDE.
Os participantes, rapaces e rapazas, divídense en categoría promesas -nados entre 2006 e 2008- e benxamín -de 2002 a 2005-, competindo en ambos casos en probas de 25 metros estilo libre e costas durante as tres xornadas da Liga: o 9 de marzo, o 27 de abril e o 8 de xuño, na piscina municipal do Carme e en horario de mañá. Cada nadador e nadadora participará nas dúas modalidades polo sistema de contrarreloxo, cos resultados acumulativos das tres xornadas.
Abel Caballero explicou que o Concello de Vigo entregará medallas a todos os participantes na Liga, ademáis de conceder un trofeo ao colexio con maior participación e outro aos tres centros educativos mellor clasificados.
Descargar todas as imaxes