O goberno local mantén no 2014 a ximnasia e natación para maiores, con 430 usuarios
Abel Caballero informou do acordo adoptado este venres na Xunta de Goberno Local para adicar 80.000 euros ao desenvolvemento do programa "Deporte para persoas maiores" durante o 2014, tanto en natación como en ximnasia, con 265 e 165 usuarios respectivamente en cada modalidade.
O alcalde explicou que o acordo adoptado tamén autoriza manter os prezos de 2013 para ambas actividades, dirixidas aos maiores de 65 anos. "Ximnasia para persoas maiores" costa 15 euros ao mes se o usuario ingresa máis de mil euros mensuais, 10 euros para persoas con ingresos entre 642 e 1000 euros ao mes, e de balde para aqueles con renda mensual inferior a 642 euros. Pola súa banda, informou Caballero, o prezo para a natación é de 12 euros por persoa e trimestre.