Escoitar
Venres 17 e sábado 18, cunha peza escénica de Miguel Bonneville

Esta fin de semana reiníciase o ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

Tras a paréntese das últimas semanas, este venres e sábado reanúdase, ás 19.30 horas, no Patio 1 do MARCO o ciclo ‘Material Memoria’ —programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES—, cunha peza escénica do creador portugués Miguel Bonneville.<br /> ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo<br />

xoves, 16 xan 2014
1389873969mb6.jpg
"En Miguel Bonneville #6 empezo unha nova fase do meu traballo. Un traballo cunha filosofía máis profunda sobre a identidade. Sobre os temas de autoría, orixinalidade, soidade, identidade, narcisismo, autobiografía. As autobiografías realizadas por mulleres sempre foron, ao longo da historia, vistas como incompletas, descontinuas, incoherentes, fragmentadas ou privadas. Así tamén vexo o meu traballo porque sei que unha autobiografía coherente, continua e narrativa segue sendo unha imposibilidade. Sempre será incompleta, en continua transformación e rexeneración".
Trailer subtitulado http://vimeo.com/57311097

Ficha técnica
Concepción e Interpretación: Miguel Bonneville
Colaboración: Sofía Arriscado, Joana Craveiro, Joana Linda, Rita Só, Cláudia Varejão, Sara Vaz
Edición: Sofia Arriscado
Deseño: Inés Ferreira, Joana Linda
Fotografía de escena: Ynaiê Dawson
Coprodución: Duplacena
Co apoio de: Eira, Instituto Ibérico de Línguas
Duración: 80 minutos aprox

Miguel Bonneville (Porto, 1985) completou os cursos de "Actuación" na Academia Contemporânea do
Espectáculo (2003), "Artes Visuais" na Fundação Calouste Gulbenkian (2006), "Autobiografías, Historias de Vida e Vidas de Artista" no CIES.ISCTE (2008) e "Arquivo – Organización e Mantemento" no Citeforma (2013). A través de performances, debuxos, fotografías, música, libros de artista, preséntanos historias autobiográficas centradas na destrución e reconstrución da identidade. Bonneville presenta o seu traballo en galerías de arte e festivais internacionais, en particular en España, Alemaña, Polonia, Estonia, Italia, Arxentina, EUA e China. Colabora regularmente con artistas como Carlota Lagido, David Bonneville, Sonia Baptista, Joana Linda, Joana Craveiro e Maria Gil, tendo colaborado tamén con Francisco Camacho, Teatro Praga ou La Ribot, entre outros.
Foi artista residente no Sítio das Artes, en CAMJAP-Fundação Calouste Gulbenkian (Lisboa, 2007), en Homesession (Barcelona, 2008), en Mugatxoan na Fundação de Serralves (Oporto, 2010) e no Festival Transeuropa2012 (Hildesheim, 2012).

www.miguelbonneville.com
Descargar todas as imaxes