Caballero anuncia un local para o programa Sereos que estará habilitado nunha semana
O Concello de Vigo está a traballar no acondicionamento dun local que albergará a actividade do programa Sereos. Así o avanzou hoxe o rexedor quen explicou que se trata dun espazo que vai dar solución ás necesidades destes usuarios.
O alcalde de Vigo anunciou que os usuarios do programa Sereos xa teñen un local a súa disposición, un espazo máis amplo que o anterior e que nestes momentos está a ser acondicionado. Este Concello, puntualizou, da resposta á necesidade deste programa "aínda que a competencia é da Xunta de Galicia". Apuntou que se trata dun local "moi digno", que cumpre coas necesidades dos usuarios do programa e que estará habilitado nunha semana. Respecto da ubicación, preferiu non precisar o empramento pero sí asegurou que "está na cidade e ben situado".