xoves, 16 xan 2014
A Xunta de Goberno Local acordará mañá venres, segundo adiantou hoxe o alcalde, que as tarxetas verdes de VITRASA se emitan só para os censados na cidade. Caballero argumentou que "os impostos de Vigo teñen que ser para pagar os servizos de Vigo", xa que os viaxes cos bonos están subvencionados polo Concello.
xoves, 16 xan 2014
O goberno local deu luz verde á adxudicación da xestión da Biblioteca Neira Vilas, do espazo Vigosónico e dos servizos de vixiancia e seguridade da rede museística da cidade. Así o avanzou o rexedor durante unha rolda de prensa na que cifrou en máis de 3 millóns de euros o importe destas decisións.
xoves, 16 xan 2014
A Biblioteca Pública Juan Compañel programa no o mes de xaneiro actividades para todas as idades: espectáculos de contacontos, narración de contos, obradoiro de ilustración, V concurso de banda deseñada, obradoiro de cómic, clubes de lectural (galego,castellano e ingles) e un curso de internet para maiores de 55 anos. A Biblioteca Pública Juan Compañel está na rúa Joaquín Yáñez 6.
Venres 17 e sábado 18, cunha peza escénica de Miguel Bonneville
xoves, 16 xan 2014
Tras a paréntese das últimas semanas, este venres e sábado reanúdase, ás 19.30 horas, no Patio 1 do MARCO o ciclo ‘Material Memoria’ —programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES—, cunha peza escénica do creador portugués Miguel Bonneville.<br />
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo<br />