O Concello realizou no 2013 máis de 104.000 controis na rede de abastecemento de auga
O concelleiro de Fomento, David Regades, garantiu este luns a calidade da auga potable da cidade tras informar do estudo de 104.272 mostras recollidas o pasado ano en máis dunha treintena de puntos da rede de servizo, desde o encoro de Eiras ata nas canalizacións de abastecemento.