O Concello realizou no 2013 máis de 104.000 controis na rede de abastecemento de auga
O concelleiro de Fomento, David Regades, garantiu este luns a calidade da auga potable da cidade tras informar do estudo de 104.272 mostras recollidas o pasado ano en máis dunha treintena de puntos da rede de servizo, desde o encoro de Eiras ata nas canalizacións de abastecemento.
O goberno de Vigo asegurou este luns a potabilidade e calidade da auga da cidade tras o análise o pasado ano de 104.272 mostras recollidas en máis dunha treintena de puntos da rede de abastecemento viguesa.
En rolda de prensa, o edil de Fomento fixo esta declaración tras referirse á decisión da Xunta de Galicia -recollida polos medios de comunicación- de reforzar os controis nalgúns encoros galegos para elevar a calidade da auga. Así, segundo recordou Regades, o Concello realiza numerosos controis e, nos últimos 12 meses, estudou máis de 104.000 mostras de auga recollidas nos encoros que abastecen a cidade, nos circuítos que leva ás estacións de tratamento, nestas e en distintos puntos da rede de abastecemento.
Descargar todas as imaxes