Escoitar

Caballero asegura que a rehabilitación do edificio Bandeira é un "factor moi importante de creación de emprego"

O alcalde asistiu hoxe venres ao acto de colocación da primeira pedra da reforma do edificio Bandeira, obra que se alongará durante ano e medio e que incluirá a humanización das rúas Vizcaia e Extremadura. Caballero ve na rehabilitación un elemento de "creación de emprego e de dinamización do comercio"

venres, 17 xan 2014
1389963727bandeira.jpg
As obras consisten no traslado, reedificación e ampliación do antigo edificio "Bodegas Bandeira", no Calvario, para centro comercial, composto de dous andares para aparcamento, soto, semisoto, planta baixa e dous pisos para usos comerciais e recreativos, cunha superficie próxima aos 14.000 metros cadrados.

Trátase, indicou Caballero, dunha "recuperación da maior importancia, un dos centros vitais da cidade de Vigo" que actuará como "factor moi importante de creación de emprego e de dinamización do comercio".
Descargar todas as imaxes