Escoitar

Vigo acollerá un torneo europeo clasificatorio para o Mundial de fútbol sub-19

O alcalde congratulouse este venres da decisión da Federación, a petición do Real Club Celta co apoio do Concello de Vigo. España, Alemaña, Lituania e Dinamarca xogarán un cuadrangular en Balaídos en maio no que o vencedor acadará o pase directo ao Mundial sub-19.

venres, 13 dec 2013
Abel Caballero comunicou esta mañá a decisión da Federación e celebrou a elección de Vigo como sede dun torneo cuadrangular que medirá desde maio en Balaídos aos combinados sub-19 de España, Dinamarca, Alemaña e Lituania. O alcalde explicou que o Real Club Celta foi o promotor da proposta, co apoio do Concello de Vigo, e pesou na decisión que o club vigués teña ata cinco xogadores seleccionados habitualmente na categoría.

O vencedor deste cuadrangular obterá a clasificación para o Mundial sub-19 e os dous finalistas accederán ao próximo Europeo da categoría. Os partidos terán lugar no Estadio municipal de Balaídos.