O circuíto municipal "Vigo a Escena" achega o teatro a seis barrios diferentes da cidade esta fin de semana

venres, 14 nov 2008

A veciñanza de Lavadores, Beade, As Travesas, A Miñoca, Zamáns e Candeán poderá gozar esta fin de semana coa programación de teatro do "Vigo a Escena", organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo. Hoxe 14 de novembro, a compañía The Pinga Teatro representará "Unha rosa no xardín" en Lavadores; mentres que mañá, 15 de novembro, Aforo Teatro interpretará "Do cotián: o absurdo" en Beade, Máscara Producións levará á escena "Asalto de Cama" no paraninfo do instituto Santa Irene, e Disque Danza presentará "E me deixo enlear" no auditorio do Conservatorio de Música da Miñoca; o domingo 16 de novembro, Títeres en Acción representará "Trastos vellos" en Zamáns e Aforo Teatro levará a obra "Do cotián: o absurdo" en Candeán.

O MARCO celebra a fin de semana a festa do 6º aniversario

martes, 11 nov 2008

O 13 de novembro de 2008, o MARCO cumpre seis anos dende a súa apertura ao público a finais do ano 2002. Durante a fin de semana do 15 e 16 de novembro, unha vez máis, a festa do 6º aniversario ofrece un amplo programa de actividades para públicos de todas as idades, que inclúe espectáculos de maxia nas salas, Maratón ArtFutura no salón de actos, DJs na cafetería, talleres para familias no Laboratorio das Artes, actividades específicas para maiores na Biblioteca, obradoiros para público infantil na tenda-librería Plaxio, menús e sorpresas no restaurante TEMPO, e visitas guiadas ás exposicións temporais, entre outros eventos.

Homenaxe a Isaac Albéniz, no ciclo de ARE MORE

venres, 7 nov 2008

O festival de música ARE MORE ofrece unha actuación do guitarrista Tomás Camacho, nunha homenaxe ao compositor Issac Albéniz. O concerto será o día 8 de novembro, na Igrexa de María Auxiliadora ás 20.45 horas. Con entrada libre até completar aforamento.

O concelleiro de Cultura anima á cidadanía a participar nas Xornadas de Danza e Música Tradicionais

venres, 7 nov 2008

A novena edición das Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas celebrarase esta fin de semana, 8 e 9 de novembro a partir das 20:00 horas no Centro Cultural Caixanova coa actuación de seis agrupacións galegas, según indicou este venres o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, Xesus López. O edil do BNG salienta que se trata dunhas xornadas gratuítas para as que se poden recoller as invitacións nas propias instalacións do Centro Cultural a partir das 18:30 horas.

Xesus López destaca o "MoveVigo Magosto 2008" como ferramenta para recuperar a cultura galega

xoves, 6 nov 2008

Recuperar a festa do magosto como unha festa de barrio e da cultura galega na que participe toda a cidadanía é un dos obxectivos da programación "MoveVigo Magosto 2008", segundo salientou este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López. Na presentación do programa, na que tamén participou Xosé Couñago Ribeira, vogal de Cultura da Federación Veciñal "Eduardo Chao", o edilexplicou que 104 actividades terán lugar ata o 30 de novembro nos barrios e as parroquias de Vigo.