A praza do Berbés acollerá o sábado un magosto popular e a actuación do grupo Xuntanza

mércores, 5 nov 2008

O vindeiro sábado, 8 de novembro, a praza do Berbés acollerá un magosto popular que estará amenizado pola agrupación de música e danza tradicionais Xuntanza, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Cultura, Xesus López. O edil do BNG explicou que o magosto, organizado pola Concellería de Cultura e a Federación de Peñas "O Olivo", dará comezo ás 18 horas e contará co presidente do Real Club Náutico na lectura do pregón.

Comeza o ciclo de cine con música en directo do festival ARE MORE

mércores, 5 nov 2008

O pianista Chris Rannemberg visita o Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo o día 6 de novembro, dentro do marco do Festival ARE MORE. O motivo principal deste concerto é o ciclo de cine 'Terror e paixón', con música en directo, e que proxectará a película "Las manos de Orlac", de Karl Freund, basada na novela de Maurice Renard. A sesión comezará ás 20:30 horas con entrada libre ata completar aforamento.

O ARE MORE ofrece un concerto de piano de Beatriz Montes

venres, 31 out 2008

O festival de música ARE MORE programa un ciclo adicado ás mulleres, que comezará o 2 de novembro co concerto de piano de Beatriz Montes nas instalacións do Real Club Náutico, como unha das novidades da presente edición do certame. O concerto será ás 12.30 horas con entrada libre ate completar aforamento.

Xesus López salienta que os orzamentos fomentan a cultura de base e reforzan a aposta polos grandes eventos

venres, 31 out 2008

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, o Xesus López, salientou este venres que os orzamentos para 2009 permitirán seguir desenvolvendo as dúas liñas de actuación nas que sustenta a xestión das súas áreas. O nacionalista subliñou que posibilitarán apostar pola "política cultural de base, feita para a cidadanía viguesa polos propios vigueses e viguesas", e achegar a Vigo "grandes espectáculos de prestixio internacional".

Xogos do mundo no Verbum

venres, 31 out 2008

O museo Verbum – Casa das Palabras propon para as mañás dos domingos do mes de
novembro unha selección de contos do mundo e viaxes polo globo terráqueo. Nos obradoiros
realizaranse algúns xoguetes de diferentes partes do mundo e xogarese con eles para así
coñecer moitos países e lugares que ata agora non podiamos nin imaxinar.

Xesus López destaca que a homenaxe a Orencio Pérez era unha das débedas do Concello e de Vigo cara ao xuíz

venres, 31 out 2008

O concelleiro de Cultura, Xesus López, dixo este venres que o acto de recoñecemento á figura de Orencio Pérez González era unha das débedas do Concello e da cidade de Vigo cara ao xuíz que durante anos estivo á cabeza do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo. No acto de homenaxe, que tivo lugar nas dependencias xudiciais da cidade, ademais do edil do BNG tamén participaron o decano do Colexio de Avogados de Vigo, o presidente da Irmandade Xurídica Galega, o presidente da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, o xefe superior de Policía de Galicia, o fiscal superior de Galicia e a viúva de Orencio Pérez, quen xunto ao concelleiro de Cultura presidiu a inauguración do busto adicado ao xuíz.

A Biblioteca Central pecha o día 31 por traballos de mantemento e abre o 3 de novembro

xoves, 30 out 2008

A Biblioteca Central de Vigo, ubicada na rúa Joaquín Yáñez, pecha as súas portas de xeito temporal o vindeiro venres 31 de outubro para realizar traballos de mantemento. Segundo informa a dirección da biblioteca, estes traballos consisten na aplicación de tratamentos de prevención e desinsectación, de xeito que o luns día 3 de novembro reabrirase aos usuarios e usuarias no seu horario habitual.

O festival Are More iníciase o xoves coa actuación de Diego el Cigala

mércores, 29 out 2008

O festival de música Are More 2008, que cumpre a súa novena edición, abrirá o vindeiro 30 de outubro coa actuación de Diego el Cigala no Teatro Salesianos. O ciclo adicado ás mulleres e a homenaxe ao compositor Eduardo Soutullo conforman alunhas das novidades desta edición que terá o concerto de clalsura o martes, 16 de decembro coa interpretación do "Canto negro espiritual. Bridget Bazile & The Monnwalk Singers " na igresa María Auxiliadora.

Últimas prazas dispoñibles para o curso ‘XENTES, ESPAZOS E LUGARES’

martes, 28 out 2008

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lembra que durante esta semana continúa aberto o prazo de matrícula para o curso ‘XENTES, ESPAZOS E LUGARES’, para o que quedan dispoñibles as últimas prazas e que se celebra do 4 de novembro de 2008 ao 26 de maio de 2009. O curso está organizado polo COAG e MARCO, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo