Exposición sobre Otero Pedraio no Verbum
O museo Verbum - Casa das Palabras inaugura a exposición temporal OTERO SEMPRE EN TRASALBA o martes día 20 ás 20 horas nas dependencias do museo. Con esta exposición sobre Otero Pedraio e o seu complemento con dramatizacións a partir de Contos do camiño e da rúa tentase achegar ao público a memoria deste grande e polifacético humanista convertido en vida en símbolo de unidade dos galegos que o fixo merecente do sobrenome de "Patriarca das Letras Galegas".
Como se verá ao longo dos paneis que integran esta exposición, Otero non só viviu moitos anos
senón que os viviu moi intensamente, falando e escribindo sen descanso, case ata a súa morte.
Froito desta longa e vizosa andaina vital é un triple maxisterio no coñecemento e comprensión no noso medio natural e humano, na reflexión histórica moitas veces exercida a través das biografías de galegos ilustres, e na súa máis coñecida faceta de creador da prosa galega contemporánea. Pero Don Ramón, na súa vocación de totalidade, nun tempo no que todo estaba por facer, impulsou as actividades do Grupo Nós, do movemento político galeguista, foi autor de teatro e mesmo poesía, e a expresión da Galicia consciente nas súas viaxes a América, e sen dúbida, a palabra viva, vizosa e particular do mellor orador que deu esta Terra.
Con esta exposición téntase achegar a unha das obras do autor, Contos do Camiño e da Rúa, a través de representacións teatrais pensadas para alumnos e alumnas de ensino medio a cargo da actriz Sabela Galgo Gago.
A mostra poderá contemplarse do 21 de outubro ao 13 de decembro de 2009 de martes a domingo en horario de 10 a 19 horas. A entrada é gratuíta para todos os públicos.
Descargar todas as imaxes