Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

venres, 16 out 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 19 DE OUTUBRO DE 2009.

1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 1 de outubro de 2009.

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
2.- Proposta para o pagamento dos dereitos de autor derivados da realización das actividades e espectáculos incluídos no programa Festas de Verán 2009. Expte. 3280/335.

BENESTAR SOCIAL
3.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 2235/11.

4.- Dar conta da sinatura de 43 convenios de colaboración con centros educativos para a xestión de Axudas municipais escolares de libros e comerdor. Expte. 45209/301.

CULTURA
5.- Fixación de prezos de venda de entradas para o Festival de Música de Vigo Are More 2009. Expte. 11809/331.

DEPORTES
6.- Convalidación de gasto por importe de 13.219,01€ como consecuencia da prestación do servizo relativo ao mantemento do céspede de Balaídos e campos de fútbol municipais. Expte. 8818/333.

MEDIO AMBIENTE
7- Proxecto de recuperacións varias no paseo do río Lagares, tramo Castrelos- desembocadura. Expte. 6706/306.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
8.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo servizo de Normalización Lingüística durante o mes de setembro de 2009. Expte. 919/334.

SERVIZOS XERAIS
9.- Modificado de coste cero do proxecto de humanización do ámbito da Rúa Zaragoza, entre as rúas Regueiro e Tarragona. Expte. 143/440.

10.- Modificado coste cero do proxeto de humanización da Rúa Toledo. Expte. 75/440.

11.- Prórroga no prazo de execución da Humanización da rúa Urzáiz. Lote 2: Escultor Gregorio Fernández-Alcalde Gregorio Espino. Expte. 64/440.

12.- Prórroga no prazo de execución da Humanización da rúa Zaragoza, entre as rúas Regueiro e Tarragona. Expte. 61/440.

13.- Prórroga no prazo de execución da Humanización da rúa Redondela. Expte. 80/440.

14.- Devolución de fianza por ocupación da vía pública en rúa Príncipe, 15, a favor de Redevco Retail España S.L. Expte. 59801/250.

15.- Plan de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento de dirección facultativa da obra "Humanización da avda. Alcalde Portanet. Entre o nº 2 e o nº 22". Expte. 1133/443.

16.- Plan de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento de dirección facultativa da obra "Humanización barrio de Bouzas: Fase II. Rúa Paulino Freire". Expte. 1135/443.

TENENCIA DE ALCALDIA
17.- Recoñecemento extraxudicial de crédito do gasto de acometidas eléctricas do alumeado de Nadal a favor de Sielvigo S.L. Expte. 2841/104.

TURISMO
18.- Renuncia de Dª. Ana Belén González Martínez á bolsa para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos. Expte. 2821/104.

URBANISMO
19.- Recepción parcial das obras de urbanización "UE I-01 Villa Laura". Expte. 4926/401.

20.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 19 de outubro de 2009, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 16 de outubro de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.