Escoitar

Amplíase ata o 26 de outubro a solicitude de axudas ao consumo para familias que convoca Tenencia de Alcaldía

A Xunta de Goberno Local extraordinaria celebrada este venres aprobou a ampliación do prazo de solicitude de axudas ao consumo para familias con necesidades económicas destinadas a activar o pequeño e mediano comercio de Vigo ata o 26 de outubro. O goberno local tomou esta decisión co obxectivo de facilitar a súa tramitación a todas as persoas interesadas en solicitadas.

venres, 16 out 2009
Na ampliación do prazo de presentación de solicitudes tense en conta que moitas persoas solicitantes teñen pendente o remate da tramitación debido á documentación que é preciso presentar. As axudas, convocadas por Tenencia de Alcaldía, están dirixidas a familias cuxa renda familiar non sexa superior aos 351 euros mensuais por integrante e a contía máxima é de 600 euros por familia. Os gastos subvencionables corresponden a vestiario, calzado, óptica, librería, deportes e, en definitiva, necesidades básicas.

A Tenencia de Alcaldía, a través da Concellería de Comercio, destina 1.200.000 euros a esta liña de axudas. Ata un máximo de 1.000 familias recibirán 600 euros mensuais ata final de ano. No primeiro trimestre de 2010 novamente haberá un proceso de solicitude de axudas de outros 600 euros mensuais para 1.000 familias.