Benestar Social súmase aos actos do sábado contra a pobreza e para reclamar á Xunta a apertura do albergue
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou hoxe que o seu departamento se suma aos actos convocados este sábado contra a pobreza e para reclamar á Xunta de Galiza a "apertura inmediata" do albergue no edificio da Gota de Leite. Entre as actividades que terán lugar o vindeiro 17 de outubro, a concelleira destaca a marcha que sairá ás 12 horas da Praza da Independencia e rematará na Gota de Leite.
María Méndez salientou que neste ano 2009 o Concello de Vigo incrementou por primeira vez o seu orzamento destinado a cooperación cun aumento do 40% e ata un total de 128.000 euros. "Esta subida é o reflexo do compromiso de Benestar Social pola cooperación e a erradicación da pobreza", asegurou. Asemade, a concelleira de Benestar Social destacou que este incremento orzamentario debe ir acompañado co desenvolvemento de campañas de sensibilización na nosa sociedade e para iso o seu departamento destinará unha partida orzamentaria.
A concelleira de Benestar Social expresou a súa confianza en que a mobilización do sábado sirva tamén para sensibilizar á Xunta de Galiza para abrir de xeito inmediato a Gota de Leite. "É unha irresponsabilidade non abrir un inmoble xa habilitado para albergue cando en Vigo hai 300 persoas sen teito", sinalou. Neste sentido, lembrou que a Vicepresidencia do anterior goberno da Xunta acometeu o acondicionamento da Gota de Leite co obxectivo de abrila como Centro de Emerxencia Social, e para o cal realizou un investimento de 265.000 euros.
"A realidade é que o PP e a Xunta actual faltan aos seus compromisos con Vigo e cos máis necesitados ao non abrir este centro", dixo a concelleira nacionalista. María Méndez subliñou que a apertura do albergue "é unha prioridade", polo que animou á cidadana viguesa a participar na mobilización do vindeiro sábado.