Tenencia de Alcaldía asegura a continuidade da colaboración para recuperar a memoria fotográfica e histórica de Teis
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou que seguirá colaborando coa Asociación Veciñal de Teis na recuperación da memoria fotográfica e histórica do barrio. O concelleiro anunciouno o martes na presentación da revista "Escola de Maiores de Teis", na que tamén participaron a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, así como unha nutrida representación da Asociación Veciñal encabezada polo seu presidente, Avelino Quirós.
"A revista transmite a historia viva de Teis e de Vigo", salientou o tenente de alcalde, posto que recolle as imaxes aportadas por máis de trinta mulleres, así como as súas historias "reflexo dunha memoria persoal e social". Asemade, Santi Domínguez animou a "seguir recuperando a memoria e a historia do barrio, en colaboración co Centro Cívico". Segundo o nacionalista, "por moitas axudas que concederamos, iso non serviría de nada se non houbese unha historia detrás".
O tenente de alcalde, ademais de animar a seguir recuperando a memoria fotográfica do barrio, lanzou un reto aos veciños e veciñas de Teis. "Quero animarvos a traballar para que no 2010 se poida facer un gran exposición nun espazo que sexa referente cultural na nosa cidade".
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, recoñeceu a emoción que transmiten as fotografías ao lembrarlle as similitudes existentes entre o barrio de Teis e o seu Portonovo natal. Asemade, destacou o papel que o barrio xoga nas iniciativas que leva a cabo a Concellería de Benestar Social, xa que no propio Centro Cívico se desenvolven actividades dos programas de Avellentamento Activo e as representacións teatrais da convocatoria deste ano do Outono Cultural.
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, animou á veciñanza a seguir traballando para repetir "un acto tan bonito da historia de Teis" como o celebrado hoxe. O presidente da Asociación Veciñal, Avelino Quirós, pola súa banda, agradeceu á veciñanza as súas achegas para poder desenvolver o proxecto, enmarcado no obradoiro da memoria do Centro Cívico. Finalmente, expresou o seu agradecemento á Tenencia de Alcaldía "porque sempre nos estivo axudando para desenvolver esta iniciativa".