O tenente de alcalde inaugura a reforma das rúas San Xulián e Peñasco como un "novo lugar de encontro"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves a reforma das rúas San Xulián e Peñasco co obxectivo de que este espazo se convirta nun "novo lugar de encontro". No acto o concelleiro salientou que a remodelación inclue "non só o que se ve, seno tamén o que non se ve", xa que ademais da instalación de novo pavimento, mellorouse a seguridade, coa instalación de novas luminarias, o soterramento das liñas de telecomunicacións e o cambio dos colectores co sistema separativo.
"A reconquista do Casco Vello está cada vez máis cerca e mentres o BNG teña responsabilidades de goberno non imos a parar na nosa aposta por mellorar o barrio", asegurou o tenente de alcalde. No acto, que contou coa participación de varios integrantes do goberno e da oposición municipal, así como representantes da veciñanza, Santi Domínguez explicou que as actuacións levadas a cabo, complexas pola forte pendende das rúas e a existencia de rocha, contaron cun investimento de 275.000 euros.
Santi Dominguez lembrou que na visita que realizou ao barrio hai aproximadamente sete meses puido comprobar como se trataba dunha das zonas máis degradadas do Casco Vello. Tras as melloras realizadas, é posible pasar dende O Berbés ata Elduayen no que denominou "unha nova canle de comunicación". Segundo o tenente de alcalde, "aquela promesa feita cando me presentei ás eleccións de que o Casco Vello ía cambiar, está cumprida, e non so porque o diga eu, tamén o din os vecilos e veciñas".
O nacionalista recoñeceu que "aínda quedan cousas por facer" na zona, pero ao seu xuizo, "o máis importante é que non imos parar".
Descargar todas as imaxes