Escoitar
Laura López Atrio visitou esta mañá a EOI, que cumpre a segunda xornada de protestas

A concelleira de Educación mostra o seu apoio ao profesorado e alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo

A concelleira de Educación, a socialista Laura López Atrio, acudiu esta mañá a Escola Oficial de Idiomas para mostrar o seu apoio á mobilización iniciada onte polo profesorado e o alumnado do centro, que cumpren hoxe o segundo día de pecha na instalación docente.

venres, 16 out 2009
1255697591eoivigo.jpg
A edil quixo coñecer de primeira man as reivindicacións da Escola, que solicita a retirada da circular 5/2009 da Dirección Xeral de Educación da Xunta de Galicia pois implica recortes do persoal docente, redución dos grupos nos horarios máis demandados e unha conseguinte diminución do alumnado matriculado.

Laura López Atrio, no transcurso da súa reunión cos afetados, avanzoulles que a vindeira semana o alcalde, Abel Caballero, visitará tamén o centro para interesarse pola esta situación, que ten derivado no rexeitamento das Escolas Oficiais de Idiomas das cidades galegas e a mobilización das mesmas.

Segundo puido coñecer a concelleira socialista, os cambios introducidos pola Xunta de Galicia son criticados en fondo e forma, e causaron a primeira redución en anos do número de matriculados en Vigo, que pasaron dos 7.000 de pasado curso aos 6.800 do actual, pese a contar o centro cunha demanda de 700 persoas que quedaron fóra pola supresión de grupos nos horarios máis demandados.
Descargar todas as imaxes