Escoitar

O alcalde anuncia a humanización de catro rúas transversais de Torrecedeira, de 200.000 euros de investimento<br />

Abel Caballero visitou este venres os traballos de humanización de Conde de Torrecedeira, nas proximidades de Santa Marta, que transcurren nun "tempo record" e rematarán en mes e medio. O alcalde avanzou que o goberno local humanizará tamén catro rúas transversais co obxectivo de homoxeneizalas co entorno nas mesmas calidades que Torrecedeira.

venres, 16 out 2009
1255697703visitatorrecedeira.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o Concello de Vigo acometerá a humanización de catro rúas transversais a Conde de Torrecedeira cun investimento total de 200.000 euros.

Caballero avanzou esta mellora na zona no transcurso dunha visita as obras de humanización de Conde de Torrecedeira, nas proximidades de Santa Marta, acompañado da concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, e da voceira socialista no Senado, Carmela Silva.

O alcalde asegurou que os traballos en Torrecedeira, "unha obra especialmente emblemática", discorren "en tempo record" e estarán finalizadas aproximadamente en mes e medio. O rexedor socialista avanzou que, ante a demanda cidadá e para homoxeneizalas co entorno, acometerase a humanización de catro pequenas rúas transversais a Torrecedeira, que van a Pi i Margall interior, ao parque Camilo José Cela, baixada a Conde de Torrecedeira e o acceso ao parque.

Emprego de Vigo
Abel Caballero asegurou asemade que, dos 5.000 empregos que xera a obra pública na cidade, "escasamente o 4%" proceden de fóra de Galicia. O alcalde mostrou "absoluto respecto" por todos aqueles que veñen a traballar a Vigo, cidade acolledora, pero quixo rematar así co "mito" de que todo o emprego procede do estranxeiro.
Descargar todas as imaxes