Escoitar

Exposición de Jorge Barbi no Marco <br />

Do 16 de outubro ó 14 de febreiro o Marco acolle unha exposición de Jorge Barbi co título "41º 52’ 59" latitude N / 8º 51’ 12" lonxitude O" comisarada por Juan de Nieves.A exposición está coproducida polo CAM Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa e a Sociedad Estatal para la Acción Cultural Exterior (SEACEX).

venres, 16 out 2009
1255683384jorgebarbi.jpg
O título da exposición de Jorge Barbi refírese ás coordenadas xeográficas que comprenden a zona pola que o artista realiza os seus percorridos diarios. Dende principios dos anos oitenta, Jorge Barbi adopta a viaxe como método de traballo para a observación dunha xeografía que coñece ben e da que sabe extraer un amplo repertorio de restos e accidentes.

A exposición do MARCO ten como argumento principal a idea do percorrido, así como da observación da natureza e as súas mutacións. O punto de partida constitúeno varias series de fotografías realizadas nos últimos anos, xunto cunha coidada selección de pezas anteriores, e novas producións específicas para esta mostra, de modo que a partir deste conxunto se poidan establecer novas lecturas do seu traballo.
Descargar todas as imaxes

Máis información