Escoitar

Santi Domínguez avanza que 200 representantes de 50 países participarán no FISU Forum Vigo 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este venres que no FISU Forum que se celebrará en Vigo do 21 ao 26 de xuño de 2010 participarán 200 representantes dun total de 50 países. Nunha rolda conxunta co secretario da Comisión para o Estudo do Deporte Universitario da FISU, Claude-Louis Gallien, a vicerreitora de Extensión Universitaria, María do Carme Cabeza, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o nacionalista afirmou que este evento é froito de dous anos de traballo tras o inicio no 2007 das relacións coa FISU.

venres, 16 out 2009
1255696731fisu.jpg
O secretario da Comisión para o Estudo do Deporte Universitario da FISU, Claude-Louis Gallien, salientou que Vigo "é a mellor cidade para acoller a plataforma que abordará diversos cambios no deporte universitario". Neste sentido, destacou que o acto de hoxe é un bo exemplo dos cambios que se queren acadar, por ter representación do Concello, a Universidade e o deporte. "O deporte pode ter moi boas consecuencias porque está estreitamente vencellado coas necesidades das cidades", asegurou.

Ao seu xuízo a transformación que pretende levar a cabo o FISU Forum debe superar a falta de visión global que predomina na actualidade, así como incorporar transversalidade e valores éticos e de respecto ao medio ambiente. Afirmou que é preciso impulsar o deporte feminino, porque as mulleres son maioría na poboación universitaria e é "necesario saber o que poden aportar neste proceso de cambio". Segundo o secretario da Comisión para o Estudo do Deporte Universitario da FISU, é preciso acometer estes cambios "se queremos progresar".

Por outra banda, Claude-Louis Gallien fixo referenza aos problemas que atravesan outros compañeiros da FISU, especialmente en Latinoamérica e Sudáfrica, e asegurou que "teñen depositada moita confianza nos cambios que se produzan tras a celebración en Vigo do FISU Forum".

Tras agradecer a súa presenza en Vigo das persoas participantes nas reunións de traballo da Comisión para o Estudo do Deporte Universitario, o tenente de alcalde salientou que nas cidades nas que se deciden cambios sempre queda ese espírito e son recordadas polo que alí se acordou. "Nós queremos que Vigo sexa recordada polo que se fale no Forum", destacou. Neste sentido indicou que no Frorum que se celebrará en Vigo se abordarán temas relevantes no cambio, de xeito que "o espírito de Vigo estará presente en todas as universidades do mundo".

Santi Domínguez concordou co secretario da Comisión que ademais é necesario trasladar á cidade o esprírito de transformación e cambio que se leve a cabo, baseado en valores éticos. Na súa intervención asegurou que os dous anos transcurridos dende no 2007 "teñen sido moi importantes", pese a non ter acadado o obxectivo de que Vigo fora sede da Universidade. Situar á Universidade e a Vigo no mundo deportivo internacional e que a cidade sexa referente internacional de acontementos deportivos son outros dos obxectivos polos que se está a traballar dende ese ano, segundo o tenente de alcalde.

Asemade, Santi Domínguez expresou a súa confianza en que a Universidade de Vigo organizará "o mellor Forum" dos dez que se teñen celebrado ata agora e asegurou que dende o 2007. "Agardamos cos brazos abertos a todos os estudantes universitarios e a toda a familia FISU que nos visitarán no 2010. Vigo é a vosa cidade", sinalou.

A vicerreitora de Extensión Universitaria, María do Carme Cabeza, salientou que a Universidade é unha "parte fundamental dos contactos coa FISU", a cuxos integrantes deu a benvida. "Cremos nas alianzan que se xeneran arredor do deporte, porque conlevan expectativas", explicou. Agradeceu, por outra banda, o apoio e a colaboración do Concello de Vigo, e en particular á Tenencia de Alcaldía, "por facer posible o soño dun punto de encontro do mundo universitario o vindeiro ano".

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, manfestou o seu desexo de que as conclusión do FISU Forum sexan "moi positivas a nivel mundial". Sendo consciente da responsabilidade como concelleiro de Deportes, asegurou que asumía "encantado" os retos que se plantearán para a cidade tras a celebración do foro. "Cando se intensifican as relacións de Vigo e os estamentos internacionais somos foco de atención das distintas federacións internacionais para que sexamos sede das competicións, polo que asumo este compromiso", dixo.

Descargar todas as imaxes