luns, 19 out 2009
O alcalde informou que o Concello iniciará a "recuperación" do paseo do Lagares polo tramo final, entre a Avenida de Castrelos e a desembocadura. O obxectivo é deixar o paseo "en boas condicións", xa que detetáronse deficiencias, realizando melloras por valor de 120.000 euros. Abel Caballero indicou que esta actuación, aprobada este luns pola Xunta de Goberno Local, é unha primeira fase que terá continuidade.
luns, 19 out 2009
Abel Caballero visitou este luns o edificio Cambón, no Casco Vello, en obras de remodelación para acoller a sede do Centro de Interpretación do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. O alcalde estivo acompañado na visita do Director de Parques Nacionais, José Jiménez, e a presidenta de Tragsa, María Luisa Graña.
luns, 19 out 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, afirmou este luns que o programa de "Camiña con nós pola igualdade" pasou dos 1.570 escolares participantes na súa primeira convocatoria, no curso 2005-2006, a 2.763 no periodo 2008-2009, incrementándose nun 43%. Ao seu xuízo, isto supón a "plena consolidación" dunha iniciativa que busca "promover a igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa".
luns, 19 out 2009
O Servizo de Educación do Concello de Vigo no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", organiza unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.<br />
<br />
<br />
luns, 19 out 2009
O museo Verbum - Casa das Palabras inaugura a exposición temporal OTERO SEMPRE EN TRASALBA o martes día 20 ás 20 horas nas dependencias do museo. Con esta exposición sobre Otero Pedraio e o seu complemento con dramatizacións a partir de Contos do camiño e da rúa tentase achegar ao público a memoria deste grande e polifacético humanista convertido en vida en símbolo de unidade dos galegos que o fixo merecente do sobrenome de "Patriarca das Letras Galegas".
ANUNCIO DE MOBILIDADE E SEGURIDADE
luns, 19 out 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa ESPINA OBRAS HIDRAULICAS, estará pechada ao tráfico a rúa SIMON BOLIVAR, treito entre VENEZUELA E ECUADOR, con acceso exclusivo para garaxes, dende o hoxe luns 19 de outubro de 2009 ás 15:00 horas e por un período aproximado de dous días.