Iolanda Veloso di que "Camiña con nós pola igualdade" incrementou un 43% a participación escolar dende 2005
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, afirmou este luns que o programa de "Camiña con nós pola igualdade" pasou dos 1.570 escolares participantes na súa primeira convocatoria, no curso 2005-2006, a 2.763 no periodo 2008-2009, incrementándose nun 43%. Ao seu xuízo, isto supón a "plena consolidación" dunha iniciativa que busca "promover a igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa".
Iolanda Veloso explicou que "Camiña con nós pola igualdade" é un programa dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria impartido por persoal especializado nos propios centros de ensino e en horario escolar. O programa desenvolve obradoiros temáticos a partir dunha metodoloxía lúdica e participativa. Na súa intervención, a concelleira de Igualdade salientou a "gran colaboración" que se está mantendo cos centros de ensino, "tal e como pon de manifesto a evolución da participación nos últimos anos".
Na primeira edición do programa, no curso 2005-2006, foron 20 os centros de ensino e 1.570 alumnos e alumnas participantes; no curso 2006-2007 participaron 32 centros e 2.489 estudantes; no curso 2007-2008 participaron 29 centros e 2.261 alumnos e alumnas; e no curso 2008-2009 os obradoiros impartíronse en 30 centros a 2.763 escolares. "Estes datos reflicten o interese que esperta a educación para a igualdade na comunidade escolar", destacou a edil nacionalista.
A concelleira de Igualdade sinalou que os centros interesados en participar na convocatoria deste curso poden inscribirse ata o 31 de outubro. Na inscrición, cada centro ten a posibilidade de escoller o nivel educativo e as áreas temáticas preferentes para impartir aos seus alumnos e alumnas, "de xeito que o programa se adapta as peculiaridades de cada centro escolar", destacou Iolanda Veloso.
Descargar todas as imaxes