Escoitar

O alcalde preside a inauguración das humanizacións de Jesús Fernández, Portela e Palencia; con preto de 2 millóns de euros de investimento<br />

Abel Caballero encabezou a delegación municipal na apertura oficial de tres rúas humanizadas no barrio vigués do Calvario, melloras que supuxeron un investimento próximo aos dous millóns de euros e que deron emprego a un total de 53 persoas, das que 23 procedían das listas do INEM de Vigo. O alcalde asegurou que este é "un proceso que continuaremos" e constatou que "a xente de Vigo está a tomar as rúas da cidade".

luns, 19 out 2009
1255957454humanizacionescalvario.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este luns a inauguración oficial das humanizacións das rúas Jesús Fernández, Portela e Palencia, no Calvario, que sumaron un investimento de case dos millóns de euros.

Segundo afirmou o rexedor, estas reformas empregaron a un total de 53 persoas das que 23 procederon das listas viguesas do desemprego, unhas melloras "de alta calidade", con verde, arborado e mobiliario urbano que está a converter ao Calvario "nun novo centro" en Vigo.

Abel Caballero asegurou que as humanizacións no barrio vigués continuarán e avanzou que están recollendo as demandas da veciñanza ao respecto. O alcalde sinalou que "esta forma de entender a cidade", con humanizacións por toda a cidade, está a cumprir co obxectivo municipal pois constata o "orgullo" da cidadanía afirmando que "a xente de Vigo está tomando as rúas da cidade".

Ademáis, o socialista deu conta na inauguración das melloras aprobadas hoxe luns pola Xunta de Goberno Local das humanizacións en marcha de Urzáiz, Zaragoza e Redondela, a custo cero para o Concello.

Tamén informou Abel Caballero que o proceso "masivo" de humanizacións continúa este luns na rúa Cristo, onde comezaron hoxe mesmo os traballos, e avanzou que unha nova fase da Avda de Portanet e a rúa Paulino Freire iniciarán a súa humanización a finais de mes, unha vez o goberno local validou na mañá deste luns os plans de seguridade e saúde.
Descargar todas as imaxes