Escoitar

O alcalde visitou o Edificio Cambón co director de Parques Nacionais e a presidenta de Tragsa

Abel Caballero visitou este luns o edificio Cambón, no Casco Vello, en obras de remodelación para acoller a sede do Centro de Interpretación do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. O alcalde estivo acompañado na visita do Director de Parques Nacionais, José Jiménez, e a presidenta de Tragsa, María Luisa Graña.

luns, 19 out 2009
1255957326visitacambon.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este luns ao Casco Vello nunha visita aos traballos de remodelación do Edificio Cambón, futura sede do Centro de Interpretación do Parque Natural Illas Atlánticas, acompañado polo director de Parques Nacionais, José Jiménez, e a presidenta de Tragsa, María Luisa Graña.

A localización deste emblemático inmoble en pleno Casco Vello vigués o fai idóneo para a sede do Centro de Interpretación pola súa proximidade ao Porto. O Centro poderá atender a 150.000 visitantes cada ano e nel traballarán unhas 25 persoas de forma permanente.

O custo global da remodelación do edificio ascende a seis millóns de euros, con cargo na súa totalidade a Parques Nacionais, e o prazo de execución da reforma permitirá que estea rematada o vindeiro ano.
Descargar todas as imaxes