Escoitar

Educación programa 30 sesións da obra de teatro en inglés para escolares "Sydneyrella"

O Servizo de Educación do Concello de Vigo no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", organiza unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.<br /> <br /> <br />

luns, 19 out 2009
1255956075julia3.jpg
Esta campaña de teatro en inglés para escolares pretende propiciar un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión linguística, na procura de mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor do profesorado por supor un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.

A obra "Sydneyrella" conta cun elaborado material didáctico que serve a profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa.

Coa implementación de "Vigo Activities 2009-2010", a Concellería de Educación continúa as actividades dirixidas a fomentar a capacitación óptima e satisfactoria do alumnado en lingoa inglesa que propicie situacións de comunicación lúdicas próximas á realidade do alumnado.

Nesta liña, a edición deste ano do Programa de inmersión en lingoa inglesa (PILIVIGO), vén de rematar cun alto grao de satisfacción e notorio éxito didáctico-pedagóxico, coa estancia de tres semanas, en réxime de inmersión en centros educativos de Reino Unido, de 125 escolares vigueses de 4º da ESO.
Descargar todas as imaxes

Máis información