Sabina presentará o seu último disco no pavillón de As Travesas o 24 de novembro nun aforo de 3.000 localidades
O concelleiro de Cultura, Xesus López, afirmou este xoves que Joaquín Sabina actuará no pavillón de As Travesas o vindeiro 24 de novembro ás 21:30 horas. No concerto, o músico presentará o seu último traballo "Vinagre y rosas" no que será o seu único concerto en Galiza nun recinto acondicionado como auditorio para dar cabida a un aforo para 3.000 localidades.
"Na presentación das festas de Vigo dixemos que se trataba dun punto e seguido na programación dos concertos", lembrou o concelleiro de Cultura na presentación do concerto, na que tamén particiou o representante da produtora Articket, Xabier Morón. Xesus López asegurou que na Concellería de Cultura "seguimos traballando para que Vigo sexa un referente musical na Eurorrexión".
Xesus López explicou que tras o seu concerto de Sabina na cidade no 2006, o artista volverá a Vigo no inicio da xira "Vinagre y rosas", que comezará en Salamanca o 20 de novembro e rematará en Málaga o 22 de decembro para voltar aos escenarios en xaneiro na xira que o levará a Arxentina e Chile. O disco, integrado por trece novas cancións, conta coa colaboración de Pereza en dous dos seus sinxelos e sairá á venda o vindeiro 17 de novembro. O concerto de Vigo limitará o aforo do pavillón de As Travesas a 3.000 asistentes, dos que 1.000 estarán en cadeiras e 2.000 nos asentos de grada.
O representante da produtora Articket, Xabier Morón, expresou o seu agradecemento á Concellería de Cultura polo seu apoio "porque sen el non sería posible traer a un artista do calado de Sabina". Salientou que o mesmo músico insistiu no seu desexo de querer presentar o disco en Vigo "nun auditorio moi íntimo". Finalmente, explicou que a organización dotará o recinto co mesmo sistema de son empregado por Leonard Cohen na súa actuación do pasado verán.
A preguntas dos xornalistas sobre a posibilidade de contar coa actuación de U2 en Vigo no 2010, o concelleiro de Cultura manifestou que "dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura seguimos a traballar para que os grandes grupos pasen pola nosa cidade". Neste sentido, avanzou que o obxectivo é que "un gran grupo pasará pola nosa cidade no 2010". Xesus López lembrou que dende o inicio desta lexislatura, dende Tenencia de Alcaldía e Concellería de Cultura se está a traballar para que Vigo sexa "cidade de referenza a nivel internacional de grandes concertos e o estamos conseguindo". Neste sentido fixo referenza as actuacións de Lenny Kravitz, Bob Dylan e Leonard Cohen, entre outras.
Descargar todas as imaxes