Escoitar

O alcalde anuncia que a estación provisional iniciarase "nun ou dous meses" para finalizar "no primeiro semestre de 2011"

Abel Caballero visitou o tramo final do Areal, invitado por un veciño da zona, para explicarlle a "transformación" que experimentará unha "zona certamente abandonada". O alcalde indicou que humanizarase a beirarrúa edificada desde o antigo Reitorado ata Isaac Peral, remodelaranse os xardíns e iniciarase a construción da estación de Guixar. Ademais, Caballero anunciou que o próximo luns comeza a obra do aparcamento do Areal, que conlevará a humanización do tramo ata Colón de Areal.

xoves, 22 out 2009
1256217332visitaarenal.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que a construción da estación provisional de Guixar comezará "nun ou dous meses" e poderá estar operativa para os trenes rexionais e de longa distancia "no primeiro semestre de 2011".

A nova infraestrutura ferroviaria -que manterase en funcionamento durante o tempo de derrubo e construcción da estación de Urzáiz- suporá o maior investimento da "seria transformación" que experimentará o tramo final do Areal, segundo indicou o alcalde. A estación provisional de Guixar, do que o Concello xa conta co proxecto construtivo, contempla 200 prazas de aparcamento, unha zona de esparcemento cidadá e outra zona verde.

Ademais da estación, o alcalde anunciou que o próximo luns dará comezo os traballos iniciais da construción do aparcadoiro soterrado do Areal, o que conleva a humanización en superficie da rúa, no tramo comprendido entre Colón e o antigo Reitorado.

Por outra banda, outro dos eixos da "transformación" do Areal explicada polo alcalde pasa pola humanización da beirarrúa edificada do Areal, entre o antigo Reitorado e o nó de Isaac Peral; unha mellora que custará un millón de euros e á que sumarase a remodelación dos xardíns, cun orzamento que superará os 300.000 euros.

O alcalde estimou que a "mellora excepcional" que experimentará esta zona "certamente abandonada" permitirá que a finais de 2010 toda a humanización estea rematada ao igual que a remodelación dos xardíns. E en 2011, finalizará a construcción do aparcamento soterrado e da estación provisional de Guixar. En total, as melloras do Areal sumarán uns "30 millóns de euros" de invesmento, cifrou o alcalde.

Abel Caballero visitou este xoves o Areal acompañado por un membro da Asociación de Veciños da zona e por un veciño, que contactou co Concello para invitar ao alcalde a coñecer de primeira man o estado do tramo final da rúa.
Descargar todas as imaxes