Escoitar

A reforma de Balaídos é un dos cen proxectos elixidos para participar na Bienal de Arquitectura de Säo Paulo

O proxecto para a reforma do estadio de Balaídos é un dos cen traballos elixidos para participar na Exposición Internacional de Arquitectura e Urbanismo organizada con motivo da 8ª Bienal Internacional de Arquitectura de Säo Paulo, segundo informou este mércores o tenente de alcalde Santi Domínguez. Este certame celebrarase do 31 de outubro ao 6 de decembro nesta cidade brasileira.

mércores, 21 out 2009
A reforma de Balaídos, presentado hai unhas semanas polo tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes, é un proxecto asinado polo arquitecto Jesús Llamazares Castro que supón a reforma integral do estadio de Balaídos adaptándoo aos requisitos que establece a FIFA sobre aforo, visibilidade, dimensións do terreo de xogo, aparcamentos e mellora do contorno. O novo estadio terá un aforo de 42.381 espectadores, todos sentados e a cuberto. Asemade, a reforma inclúe unha completa remodelación de toda a zona e a construción dun aparcamento soterrado de 2.074 prazas. Ademais deste aparcamento de uso público, haberá outro de 818 prazas para uso exclusivo do estadio baixo as gradas

A Bienal Internacional de Arquitectura de Säo Paulo céntrase, na súa 8ª edición, na caracterización de áreas degradadas dos centros urbanos e os usos da Copa do Mundo de 2014 como telón de fondo. Este tema, segundo a organización, é unha alusión directa ao potencial das grandes transformacións dos centros urbanos e metropolitanos que sean eventos de carácter interncacional baseado nos catro principios rectores destes cambios, como son espacialidade, conectividade, originalidade e sostenibilidade. Un dos principais obxectivos que a propia organización salienta é a democratización e volverse máis próxima á cidadanía e a súa realidade, amosándolle como a arquitectura e o urbanismo deben interferir na súa vida cotiá