Vigo consolida a súa relación con Inglaterra a través do Proxecto Europeo COMENIUS recibindo a visita de 12 profesores británicos
Complementando o Programa municipal de achegamento ao idioma inglés, Aulas Internacionais (Vigo Activities e o Programa PILI), a concellería de Educación consolida a posta en marcha do "Two Week Primary Teachers´ Project" dentro da liña COMENIUS VIGO 2009. Este proxecto de inmersión lingüístico-cultural e mobilidade de profesores depende do British Council e da Unión Europea e enmárcase dentro da obrigatoriedade de introducir unha 2ª lingua nos colexios de Educación Primaria do Reino Unido no ano 2010.
A esta obrigatoriedade hai que sumarlle que ten que ser o propio profesorado británico o que imparta a clase desta segunda lingua.A duración do proxecto é de dúas semanas, onde se traballan un programa formativo e un programa educativo – cultural.
O programa formativo lévase a cabo na primeira semana, no Instituto Municipal de Educación (IME) e a segunda semana será de inmersión na propia vida dos centros de ensino vigueses, participando activamente na aula e nas actividades culturais que se realicen estes días como son o Samaín e o Magosto, percibindo deste xeito, unha visión global do ensino plurilingüe nos nosos centros (lingua, vida e cultura galega).Como programa educativo-cultural a Concellería de Educación ten organizadas diferentes actividades como son: ruta guiada pola cidade de Vigo, o museo Verbum, Val Miñor ou os viñedos de Terras Gauda.
O que aporta un valor engadido a inmersión dos profesores británicos é o grao de compromiso que adquire o colexio, involucrándose cun profesor titor (qué coordina a estancia e as actividades no centro) e un profesor anfitrión (que acolle na súa residencia ao profesor británico) facilitando deste xeito, futuras iniciativas educativas conxuntas entre os centros de ambos países, que repercutirán na mellora da ensinanza das linguas estranxeiras.
Nesta aposta conxunta entre ambos países, as institucións educativas locais (Concellería de Educación de Vigo e as Autoridades Educativas Locais de Manchester e Sheffield), tentarán por en marcha outras iniciativas e proxectos de mobilidade internacional, como o Proxecto de actualización metodolóxica tendo como protagonistas o profesorado da nosa cidade (nun medio prazo) ou o Proxecto de mobilidade internacional do alumnado intercentros, dos centros escolares participantes da nosa cidade (nun longo prazo).
Para que este proxecto se leve a cabo na cidade de Vigo a Concellería de Educación conta coa colaboración e experiencia de Espazo Ensina S.L. Organización cunha ampla e diversa experiencia en proxectos educativos de inmersión e mobilidade internacional, tanto en España como no Reino Unido.
Participan 12 centros educativos da nosa cidade: Ceip Carrasqueira, Ceip Doblada, Ceip Coutada Beade, Ceip Igrexa Valadares, Ceip Virxe do Rocío, Ceip Valle Inclán, Ceip Sobreira Valadares, Ceip Eduardo Pondal, Colexio Mercantil, Colexio Rosalía de Castro, Colexio Carmelitas e Colexio El Castro.
Descargar todas as imaxes