O tenente de alcalde avanza que Vigo e Lorient desenvolverán actividades conxuntas no 2010
O tenente de alcade de Vigo, Santi Domínguez, destacou este martes que as xornadas de traballo que se desenvolverán hoxe e mañá coa delelegación da cidade bretona de Lorient, encabezada polo seu tenente de alcalde Loïc Champagnat, servirán para perfilar as accións conxuntas que terán lugar no 2010. Nunha comparecencia conxunta co seu homónimo francés, na que tamén participou a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, o nacionalista afirmou que en estes tempos de crise "hai que abrir vínculos con aqueles que teñen que ver con nós".
Santi Domínguez sinalou que unha delegación da cidade Lorient, irmanada con Vigo dende 1993, se atopa na cidade para participar en dúas xornadas de traballo que teñen por obxectivo afondar nas súas relacións. O tenente de alcalde fixo referenza ao feito de que Lorient é unha cidade "volcada co mar e de raíces celtas", polo que existen semellanzas notables con Vigo. Economía, deportes, educación, cultura e xuventude, entre outros, son os eidos nos que segundo o tenente de alcalde, se centrarán as accións conxuntas para o 2010. Neste sentido explicou que as delegacións de Vigo e Lorient están integradas por técnicos que teñen por obxectivo perfilar estes proxectos.
"En tempos de crise este intercambio nos pode vir moi ben, tanto a nivel económico como de promoción turística", salientou o tenente de alcalde. Neste sentido indicou que ademais das xuntanzas estas dúas xornadas se aproveitarán para amosarlles a cidade "para que cando cheguen a Lorient sexan embaixadores nosos".
Santi Domínguez sinalou que precisamente foi a súa visita e a do concelleiro de Cultura á cidade de Lorient con motivo do Festival Intercéltico cando se iniciou o contacto para establecer as accións de 2010."Quero agradecer publicamente ao tenente de alcalde de Lorient e aos seus acompañantes a boa acollida que nos dispensaron", manifestou.
Pola súa banda, o tenente de alcalde de Lorient, Loïc Champagnat, destacou que as xornadas de traballo de hoxe e mañá teñen o obxectivo de "reforzar os lazos de unión entre dúas cidades que teñen unha orixe común e que nunca deberon separarse", así como dar forma concreta as vindeiras accións conxuntas. Ao respecto e en resposta aos medios, Santi Domínguez indicou que nos últimos anos houbo "un frenazo nesta relación", polo que ao chegar ao goberno "pareceunos importante relanzar o irmanamento".
Descargar todas as imaxes