O alcalde inicia en Pereiró unha rolda de revisión do estado dos cemiterios municipais
Abel Caballero, acompañado pola concelleira delegada de Sanidade, Chus Lago, acudiu hoxe xoves a Pereiró, como parte dunha rolda de visitas que realizarán os responsables municipais para comprobar o estado dos cemiterios de Vigo, e detectar as melloras a realizar, sobre todo de cara ao vindeiro 1 de novembro, día de todos os santos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira delegada de Sanidade, Chus Lago, acudiron este xoves á parroquia viguesa de Pereiró como parte dunha rolda de visitas que están a realizar os responsables municipais para comprobar o estado dos cemiterios da cidade.
O alcalde e a edil están a efectuar esta rolda para detetar asemade as melloras que precisan os cemiterios municipais, con vistas sobre todo ao próximo día 1 de novembro, festividade de todos os santos, que congrega a miles de cidadáns.
Descargar todas as imaxes