martes, 26 mai 2020
O alcalde mantivo este martes unha reunión coa empresa encargada de levar adiante este servizo, que se prolongará durante oito meses cun importe de 122.000 euros. A administración local viguesa proporciona información, asesoramento e acompañamento á actividade empresarial de emprendedores e pequenos negocios.
martes, 26 mai 2020
O alcalde de Vigo anunciou que a concelleira de Benestar Social remitirá este martes unha carta á conselleira de Política Social da Xunta de Galicia para reclamar que de “forma inmediata transfiran 1,7 millóns que nos deben” en concepto de axudas sociais.
luns, 25 mai 2020
A cidadanía poderá acudir con cita previa e, dende o mércores, entrarán en funcionamento as instalacións deportivas municipais de Samil e Balaídos. Este luns o goberno municipal retomou as obras de humanización das rúas Heraclio Botana, Serafín Avendaño e Roupeiro.
luns, 25 mai 2020
Segundo explicou este luns Abel Caballero, a rede de museos municipais abrirá as súas portas a próxima semana, o martes 2 de xuño. Ademais, desde este luns poden presentarse solicitudes ás escolas infantís municipais.
luns, 25 mai 2020
Abel Caballero solicitou este luns aos bañistas que acoden ás praias de Vigo coa entrada en vigor da Fase 2 que respecten o distanciamento social para protexer a saúde. Ademais, o alcalde avanzou que as piscinas de Samil estarán pechadas este verán e tanto as cintas para marcar separacións como o socorrismo comezarán o 15 de xuño.
luns, 25 mai 2020
O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión cos representantes do sector pesqueiro na cidade para analizar o impacto da crise sanitaria e estudar medidas de cara á reactivación.
venres, 22 mai 2020
O rexedor sumouse esta mañá ás opinións dos presidentes das comisións de festas de Bouzas, Coia ou San Roque que lle trasladaron esta mañá nunha reunión virtual a dificultade de organizar estes eventos nestas circunstancias. Con todo, o rexedor comprometeu apoio municipal no caso de que poidan manter unha parte das celebracións relixiosas, tal e como prevén nun principio, pendentes da evolución da situación sanitaria.
venres, 22 mai 2020
Desde o comezo do estado de alarma, o goberno local deu de alta 800 novas tarxetas de alimentación que se suman ás que xa viña outorgando o Concello. Ademais e seguindo cos servizos sociais, o alcalde tamén avanzou que, se Galicia pasa á fase 2 da desescalada, o luns 25 de maio reabrirán as súas portas os centros municipais de servizos sociais de Coia, Rivera Atienza, Teis e Praza do Rei, que atenderá tamén aos usuarios do Casco Vello.
venres, 22 mai 2020
Abel Caballero reuniuse este venres con Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e con David Regades, delegado especial de Zona Franca, para “poñer en común a reconstrución da economía e o apoio social en Vigo”, de forma inmediata e a medio prazo.
venres, 22 mai 2020
Suspendido o período polo coronavirus, desde este luns 25 de maio e ata o 5 de xuño, a administración presidida por Abel Caballero volve recibir solicitudes para optar a unha das 620 prazas nas escolas infantís municipais para o próximo curso escolar. As candidaturas, por vía telemática ou presencial con cita previa.