xoves, 21 mai 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da prestación do servizo que cubrirán 34 coidadores en toda a cidade para axudar a persoas que precisen axuda para actividades cotiás. O goberno local concedeu 34 axudas de emerxencia por valor de 8.630 euros.
xoves, 21 mai 2020
O alcalde de Vigo cifrou en máis de medio millón de euros as medidas de reactivación económica que está a desenvolver o Concello. Axudas á contratación así como apoio e asesoramento a autónomos e pequenas empresas son algunhas destas accións, que se suman aos apoios de Zona Franca e aos da Deputación de Pontevedra.
mércores, 20 mai 2020
O acordo foi adoptado pola Xunta de Goberno Local celebrada este martes, segundo explicou o alcalde de Vigo, e dota con novos fondos a unha liña inicial de 922.000 euros que xa foi esgotada na atención ás necesidades sociais causadas pola pandemia.
mércores, 20 mai 2020
O Concello habilitará de novo o servizo do Rexistro municipal para todos os trámites a partir do próximo 25 de maio. Haberá que solicitar cita previa e será obrigatorio o uso de máscara, cumprindo coas indicacións das autoridades sanitarias.
mércores, 20 mai 2020
Abel Caballero informou este mércores de que o Concello de Vigo recibiu nos últimos días un total de 375 solicitudes para ampliación de terrazas ou instalacións novas. A día de hoxe xa foron resoltas positivamente 325 das peticións. “Actuamos rápido e sabemos a importancia que ten para o negocio e o ocio”, sinalou.
mércores, 20 mai 2020
O alcalde mantivo este xoves un encontro cos responsables de 50 centros educativos concertados da cidade que manifestaron as necesidades dos estudantes que non poden atender as clases desde a casa e cos que tratou tamén a desinfección dos centros e o desenvolvemento do próximo curso.
martes, 19 mai 2020
Presidida polo alcalde de Vigo, na tarde deste martes reúnese a Xunta de Goberno da FEMP, que prevé aprobar un documento que propón que as cidades poidan adicar os seus propios recursos económicos á reconstrución social e económica tras a crise do coronavirus.
martes, 19 mai 2020
O alcalde explica que estas axudas se destinan fundamentalmente a comida para a cidadanía que o precisa, un ámbito no que hoxe se distribúen 596 menús a domicilio. Amais, o goberno municipal ten acollidas a 18 vítimas de violencia de xénero en hoteis da cidade
martes, 19 mai 2020
O rexedor mantivo esta mañá unha reunión "moi satisfactoria" con responsables de centros educativos de todas as etapas para facer repaso das necesidades do ensino nesta crise sanitaria. Comprometeuse a manter o orzamento educativo e a continuar coa campaña de reparto de ordenadores para que todos os alumnos poidan seguir as clases desde a súa casa.
luns, 18 mai 2020
O alcalde de Vigo solicitou este luns ao presidente da Xunta que cree un fondo de acción para apoiar a labor dos concellos galegos fronte as necesidades xeradas pola pandemia do Covid-19. “O Concello de Vigo xa empregou máis de 2 millóns en gasto social e non recibiu nin un euro do goberno autonómico”, sinalou.