mércores, 13 mai 2020
O alcalde lanzou este mércores unha seria advertencia no caso de que existan incumprimentos da normativa para a desescalada da pandemia do Covid-19. Caballero insiste en que deben gardarse as distancias nas rúas e nas terrazas dos establecementos hostaleiros. A Policía interviu este martes na Praza de Independencia.
mércores, 13 mai 2020
Desde que o Concello habilitara unha sección adicional dentro do voluntariado municipal con motivo da crise sanitaria, xa son 1.217 as persoas que cooperan la realización de compra de alimentos, medicamentos, reparto de máscaras ou paquetes de libros desde os colexios. Na habitual rolda de prensa telemática, Caballero recoñeceu o excepcional traballo desinteresado que realizan estes voluntarios.
martes, 12 mai 2020
O alcalde avanzou este martes que o Concello de Vigo e Vitrasa convocaron o concurso infantil “Os nosos heroes” para agasallar aos nenos e nenas da cidade polo seu confinamento debido ao Covid-19, así como recoñecer tamén ás persoas maiores.
martes, 12 mai 2020
O alcalde non descarta a posibilidade de seguir ampliando o número de rúas e sinala que o Concello recibe moitas peticións para que se manteñan sen tráfico unha vez rematada a situación de pandemia.
martes, 12 mai 2020
Abel Caballero mostrouse este martes disposto a autorizar ampliacións das terrazas das cafeterías alí onde sexa posible, previa solicitude ao Concello e respectando sempre a prioridade dos viandantes: “Os peóns son prioritarios, que quede clara esta cuestión”, sentenciou.
martes, 12 mai 2020
A partir do 25 de maio estarán abertos as instalacións da Rede Municipal de Museos, coa excepción do MARCO que funcionará desde o día 2 de xuño. As salas de lectura seguirán pechadas, segundo a normativa vixente.
luns, 11 mai 2020
O alcalde explica que as frecuencias das liñas do autobús da cidade coincide co paso á Fase 1 do proceso de desescalada. Amais, o Concello continúa este luns co reparto de 7.500 máscaras de protección.
luns, 11 mai 2020
O alcalde avanzou este luns que o Concello de Vigo abrirá este luns o Rexistro da lonxa de Praza do Rei con cita previa a través do 010. A decisión está destinada a atender ás persoas sen situación de vulnerabilidade que deben solicitar axudas de inclusión social, discapacidade, pensións non contributivas ou Risga.
luns, 11 mai 2020
En dúas ocasións o goberno local lle pediu á administración autonómica aclaracións sobre as parroquias de Vigo que poderían prescindir de restricións de franxas horarias nas súas saídas. Un documento da Subdelegación do Goberno atribúe á Xunta a capacidade para definir cales son eses núcleos de poboación, unha información que, a continuación, tería que trasladar aos concellos.
luns, 11 mai 2020
Desde mañá martes, entre as 17 e as 23 horas, outras 22 rúas máis serán total ou parcialmente peonís todos os días laborables e se engaden ás máis de vinte que xa o son desde finais da semana pasada. En domingos e festivos, as restricións ao tráfico rodado afectan a unhas 70 rúas.