Caballero mantén unha xuntanza cos representantes do sector pesqueiro en Vigo
O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión cos representantes do sector pesqueiro na cidade para analizar o impacto da crise sanitaria e estudar medidas de cara á reactivación.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns unha vídeo conferencia con representantes de Anfanco, Arvi, Conxemar, Espadeiros do Atlántico e Acopevi o obxectivo de analizar as consecuencias da crise sanitaria do Covid-19 no sector pesqueiro e tomar medidas de cara ao futuro.
“Mantiven unha xuntanza cunha moi importante representación da pesca en Vigo, colectivos que suman ducias de miles de empregos, unha parte esencial da economía da cidade”, sinalou antes de apuntar que o sector tamén estivo afectado polo descenso de ventas de pescado á restauración e a baixada de demanda, ademais do incremento de custes na conserva pola necesidade de incrementar a seguridade.
Os colectivos reclamaron ao alcalde unha diminución das taxas de ocupación no Porto de Vigo e Caballeiro comprometeuse a mediarei con Portos do Estado. Igualmente, os representantes informaron dos seus investimentos e novos barcos e infraestruturas. “Tomei nota de demandas e falamos de apoios para a campaña de reactivación no pequeno e mediano comercio; tamén valorouse a reactivación turística que anunciou o Goberno de España”, dixo.
Respecto de Conxemar, a feira de produtos conxelados que se celebra no Ifevi cada outono, o alcalde indicou que o “imos a esperar a tomar decisións porque non sabemos como será a situación en outubro, é pronto e mellor non tomar as decisións antes de que sexa o momento”.