O Concello reclama á Xunta a transferencia de 1,7 millóns polo gasto social durante a crise
O alcalde de Vigo anunciou que a concelleira de Benestar Social remitirá este martes unha carta á conselleira de Política Social da Xunta de Galicia para reclamar que de “forma inmediata transfiran 1,7 millóns que nos deben” en concepto de axudas sociais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes que a Xunta de Galicia transfira ao Concello as axudas correspondentes aos fondos sociais que o Goberno central aportou á comunidade autónoma galega. “Recibiu recursos de España e a Vigo non chegou un céntimo”, sinalou.
Así, a concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, enviou á conselleira de Política Social, Fabiola García, unha carta na que solicita a transferencia de 1,7 millóns de euros correspondentes á cantidade que o goberno local adicou a colectivos, persoas e familias en situación de vulnerabilidade durante a crise sanitaria orixinada pola pandemia do Covid-19.
O alcalde puxo como exemplo á Junta de Andalucía, que xa ingresou en abril aos municipios as cantidades correspondentes aos gastos sociais, e sinalou que o goberno galego recibiu fondos desde o Goberno central para estes fins.
Axudas de emerxencia
Por outra banda, o alcalde informou de que o Concello de Vigo aprobou este luns outras 17 axudas de emerxencia por importe de 6.228,16 euros, lo que supón un total de 8.097 axudas cun importe total de 871.215,72 euros.