luns, 9 ago 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa reunión de hoxe o prego de claúsulas administrativas que rexerán o concurso para a contratación da concesión administrativa da xestión do servizo público de retirada de vehículos. Entre as novidades do prego amplíase en dous o número de grúas, que pasan de 11 a 13, increméntase o persoal e incorpórase nos vehículos o sistema de localización GPS.
venres, 6 ago 2004
A Xunta de Goberno Local reunirase para realizar sesión ordinaria na súa Sala o vindeiro 9 de agosto de 2004, ás 8.00 horas en primeira convocatoria e ás 9.00 horas en segunda, para resolver un total de 34 asuntos.
luns, 2 ago 2004
A empresa Oreco S.A. será a encargada de levar a cabo as obras de emerxencia no estadio de Balaídos baixo un presuposto municipal de 1.359.258 euros. O voceiro do Goberno vigués, José Manuel Figueroa, asegurou en rolda de prensa, que os traballos estarán rematados antes de finais de ano.
venres, 30 xul 2004
A Xunta de Goberno Local reunirase o luns, 2 de agosto, ás 8.00 horas en 1ª convocatoria e ás 9.00 horas en 2ª convocatoria, para resolver un total de 33 asuntos.
luns, 26 xul 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou, en sesión ordinaria, o proxecto "Automatización das instalacións de saneamento", cun presuposto de 1.198.561 euros. O obxecto desta iniciativa é o de definir unha solución de control integral para o colector da marxe da ría e de outros bombeos do servicio de saneamento.
venres, 23 xul 2004
O luns día 26 reúnese a Xunta de Goberno Local ao remate da sesión plenaria convocada para a mesma data.
xoves, 29 abr 2004
A Corporación Municipal acordou ofrecer como obsequio da cidade ao enlace matrimonial da S.A. o Príncipe Felipe e Dona Litizia Ortiz, unha camelias de 16 anos de idade da especie Oranda-Ko.
venres, 28 nov 2003
ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA E URXENTE que terá lugar o día 29 de NOVEMBRO de 2003, ás TRECE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.