luns, 27 set 2004
Ademáis, levarase a cabo a reconstrucción e consolidación da escollera de protección de temporais sita na illa de Toralla, racionalizando e mellorando o perfil desta obra de protección, permitindo, así, devolver ao mar preto de 5.000 metros cadrados ocupados actualmente por un recheo.
luns, 27 set 2004
O sistema de alumeado, baixo o deseño previo dunha ruta luminosa, permitirá o disfrute dos principais sinais de identidade da cidade como a Casa da Cultura ou a Biblioteca Central. Un proxecto de colaboración coa Xunta de Galicia que conta cun presuposto de 186.487 euros.
luns, 27 set 2004
O estudio sobre drogodependencias e outras adiccións nos xoves, verase reforzado cun programa de prevención do consumo de drogas de síntese e outros fenómenos urbanos, para os que o Goberno Municipal destinará un total de 61.000 euros. Asimesmo, concederá subvencións a tres asociacións de interese social por un importe de 3.200 euros.
venres, 24 set 2004
A Xunta reunirase para realizar sesión ordinaria na súa Sala, o vindeiro luns día 27 de setembro, quince minutos despois do remate da sesión plenaria convocada para a mesma data.
O CONCELLO PREVÉ QUE AS OBRAS DEN COMEZO A FINAIS DE ANO
mércores, 22 set 2004
O proxecto inclúe carrís de circulación para tráfico lento e a ampliación e renovación das beirarrúas e do pavimento, no que se substituirá o asfalto por granito.
luns, 20 set 2004
O Plan, que será presentado nas próximas semanas, terá unha vixencia de dez anos,e terá en conta as necesidades da cidade a corto, medio e longo prazo, permitindo a creación de 2.000 novas prazas de aparcamento nos próximos 5 ou 6 anos.
luns, 20 set 2004
Co obxecto de darlle un pulo definitivo a este arquivo, a concellería que dirixe Ignacio López-Chaves, creará unha comisión que establecerá e delimitará as funcións do Arquivo Pacheco, así como as fases e a cuantía económica da súa posta en funcionamiento.
CONTINUANDO ASÍ COA SÚA POLÍTICA DE TRANSPORTE COLECTIVO
luns, 20 set 2004
Segundo o concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, a mellora da rede de circulación fará que Vigo se sitúe entre as primeiras cidades en tráfico urbano. A humanización das principais rúas da cidade ou a creación dun plan de aparcadoiros, son as principais medidas "que redundarán no beneficio da cidadanía".
luns, 20 set 2004
O Plan tratará a conservación arquitectónica e forestal dun dos principais parques urbanos da cidade, ademáis de estudiar a necesidade de saneamento do litoral e recuperación da zona costeira, mediante o trazado de paseos e configuración de áreas verdes e de ocio nos terreos que se atopen dentro das súas competencias de planeamento.
luns, 20 set 2004
Inclúe, entre outros, o 20 por cento de cofinanciación con Fondos Europeos de Cohesión do proxecto de ampliación da infraestructura de saneamento de Zamáns e a automatización do colector de marxe de ría.