Corporación municipal
Xulio Alonso novo concelleiro da Corporación Municipal
mércores, 23 xul 2003O concelleiro Xulio Alonso Vázquez tomou posesión hoxe do seu cargo de concelleiro da Corporación Municipal polo grupo Democracia Progresista Galega en substitución da Agustín Arca, falecido recentemente.
Acordo dos voceiros municipais sobre a remodelación de Balaídos
luns, 30 xuñ 2003A Xunta de Voceiros, reuniuse ante a situación de inquietude producida na cidade respecto ás iniciativas tendentes á remodelación do estadio municipal de Balaídos e do seu contorno.
Pérez Mariño anunciou a asignación das concellerías deste mandato
luns, 16 xuñ 2003O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, explicou as delegacións de área do equipo de Goberno para esta lexislatura.
¿Quen é quen na nova Corporación?
sábado, 14 xuñ 2003Os resultados das eleccións municipais celebradas o domingo 25 de maio distribuíron os 27 edís da Corporación entre as distintas forzas políticas, concedéndolle provisionalmente 10 concelleiros ao Partido Popular (PP), 8 ao Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE), 7 ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) e 2 a Progresistas Vigueses (PROVI).
Ventura Pérez Mariño, novo alcalde de Vigo
sábado, 14 xuñ 2003O candidato socialista Ventura Pérez Mariño é dende o 14 de xuño novo alcalde de Vigo, gracias ao apoio dos concelleiros e concelleiras do seu grupo e do nacionalista. O acto de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celebrouse ás doce do mediodía no auditorio do Concello, habilitado para a ocasión como sala de plenos.
Acordo de goberno entre socialistas e nacionalistas
sábado, 14 xuñ 2003Ventura Pérez Mariño, por parte do PSdG-PSOE, e Lois Pérez Castrillo, polo BNG, asinaron un acordo para gobernar a cidade de Vigo durante o período 2003/2006.
As intervencións dos voceiros e do novo alcalde
sábado, 14 xuñ 2003Durante a sesión realizáronse tres quendas de intervencións. Na primeira, os voceiros dos grupos expuxeron as súas vontades cara á elección de alcalde. Posteriormente, e xa trala designación de Pérez Mariño, os voceiros da oposición interviñeron para felicitar o novo alcalde, que pechou finalmente o acto nun discurso ao público asistente.
Constitución da nova Corporación municipal
venres, 13 xuñ 2003O pleno de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celébrase o sábado 14 de xuño a partir das doce do mediodía no auditorio do Concello, habilitado para a ocasión como sala de plenos.