Escoitar

Pleno Extraordinario e Urxente no Salón de Plenos do Concello

ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA E URXENTE que terá lugar o día 29 de NOVEMBRO de 2003, ás TRECE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

venres, 28 nov 2003
1070033577pleno.jpeg
Pleno do Concello
CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA E URXENTE que terá lugar o día 29 de NOVEMBRO de 2003, ás TRECE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

1.- Ratificación da urxencia da sesión.
2.- Cuestión de confianza presentada pola Alcaldía ó abeiro do previsto no art. 197.bis da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de Réxime electoral xeral, vinculada á proposta de acordo de resolución das alegacións presentadas no período de información pública e aprobación definitiva da modificación das ordenanzas fiscais dos seguintes tributos municipais:
a)Modificación da ordenanza fiscal xeral.
b)Modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre bens inmobles.
c)Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
d)Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades econòmicas.
e)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos documentos que expida ou que entenda a Administración municipal ou autoridades municipais a instancia de parte.
f)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas relativas ó servicio de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles lixeiros de aluguer con conductor (autotaxis e vehículos especiais ou de aboamento).
g)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servicios especiais por espectáculos ou transportes.
h)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de prevención de incendios, prevención de ruínas de construccións, derrubas, salvamentos e outros análogos.
i)Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación dos servicios dos cemiterios municipais.
l)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.
m)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola recollida de lixo.
n)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de inspección sanitaria, os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza.
ñ)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación dos servicios de sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio por encargo.
o)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de limpeza de pozos negros, fosas sépticas, solares e servicios similares, así como a recepción de resíduos na pranta de transferencia.
p)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servicio de axuda no fogar prestado polo departamento de Benestar Social.
q)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servicio de escolas de primeira etapa de educación infantil de Lavadores, Teis e Casco Vello.
r)Modificación da ordenanza fiscal reguladora tas taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.
s)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa da vía pública e terreos de dominio público local con instalación de quioscos.
t)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais.
u)Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de licencias para construccións, obras e instalacións.
v)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por licencias de actividades e instalacións.
x)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servicios que presta o organismo autónomo municipal Parque das Ciencias-Vigozoo a través do seu parque zoolóxico.
z)Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais.

DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA E URXENTE no salón de Plenos ás TRECE horas do día 29 DE NOVEMBRO, para resolve-los asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Descargar todas as imaxes