Escoitar

Noites de Fados no Are More

O programa promovido pola Concellería de Cultura Are More continuará o venres, 28 de novembro cunha Noite de Fados que comenzará ás 20:30 horas no Cine Fraga.

xoves, 27 nov 2003
Interpretes:

JOÃO BRAGA

Terra de Fados e de Poetas é Portugal. Terra feita de moitos fados, nosos e dos outros. O Fado naceu da aventura, do encontro de culturas, dos naufraxios e dos descubrimentos, da desesperación e do triunfo. Do cruce entre o Fado e as músicas de cada destino nacerían os ritmos tropicais, as mornas, sambas, chorinhos, kwelas, tangos, coladeras e habaneras, que comparten o mesmo ritmo sufrido e frenético de viaxe e mestizaxe.

O Fado é a noción tráxica da amplitude do universo e o recoñecemento positivo da relatividade dos seres e das cousas. João Braga personifica esta visión do mundo como ninguén: naceu en Lisboa e creceu cos ollos abertos cara á beleza do mundo.

João Braga foi sempre el mesmo, sen ideas preconcibidas nin complexos, e imprimíndolle ó fado o trazo inconfundible da súa voz e da súa personalidade. Procurou, de certa maneira, aplicarlle ó fado a lección do que fixera Lorca co flamenco e Piazzola co tango. Foi á esencia, á raíz, ata aqueles sons ós que Lorca chamaba sons negros, matriz común da poesía e da música iberoamericanas.

Este concerto intitúlase "O Fado e Os Poetas". Nel revélase outra das súas cruzadas: promover o Fado, nun formato máis plástico, recuperando as raíces profundas do canto Atlántico. João Braga foi, ata a data, o único fadista que recibiu a Medalla de Mérito Cultural do Goberno Portugués (maio de 1990). Gústalle rodearse de fadistas da nova xeración, como María Ana Bobone e Ana Sofía Varela, dotadas de gran sensibilidade e de voces purísimas.
Sen a guitarra e as violas o Fado nunca tería sido unha forma musical cantada, e é isto mesmo o que se vai confirmar neste concerto, coas presencias de Carlos Gonçalves (guitarra de Lisboa), Jaime Santos Jr. (viola de Fado) e Joel Pina (viola-baixo de Fado). Os seus acompañamentos proporciónanlle á música fadista a cor que ela require, pero é nos seus solos de guitarra nos que podemos vibrar co seu sentir, coa súa alma fadista, co seu virtuosismo.

En 1968 publica “Recado a Lisboa”, co que consegue situarse no máis alto das listas portuguesas.
João Braga foi, ata a data, o único fadista que recibiu a Medalla de Mérito Cultural do Goberno Portugués (maio de 1990) e a súa música inspírase para sublimar os mellores versos da poesía portuguesa.
En 1992 e 1994 publicou “Cantigas de Már e Mágoa”, na que incluíu “Sota un Cirerer Florit” (Serrat), e “Em Nome do Fado”, presentado nun memorable concerto no Teatro Municipal de São Luiz, en Lisboa. Presentou o Fado por vez primeira nos novos Centro Cultural de Belém (febreiro de 1994) e Auditorio do Parque Palmela (Cascais, 1995).
En 1997, polos 30 anos de carreira, publicou “Fado Fado” e no 2000, “Cantar ao Fado”, firmando case tódalas autorías musicais dos temas con versos de Alegre, Pessoa, Mourão-Ferreira, O'Neill ou Torga entre outros.

O seu próximo disco ten prevista a súa saída o 10 de novembro e está dedicado a Vinícius de Moraes, o “pai” da bossa-nova.

Sinte orgullo por ter dado visibilidade a novos fadistas, agora consagrados, como Maria Ana Bobone, Ana Sofia Varela, Mafalda Arnauth, Rodrigo Costa Félix, Mariza, Miguel Capucho, Gonçalo Salgueiro, Katia Guerreiro, entre moitos outros


CARLOS GONÇALVES, JAIME SANTOS JR., E JOEL PINA
01. Improviso (música: joão braga)

JOÃO BRAGA
02. Saudades da tua voz (poema: joão fezas-vital música: miguel ramos)
03. António batista (letra: josé luís gordo música: josé fontes rocha)
04. Canção (poema: antónio botto música: joão braga)
05. Fado fado (poema: manuel alegre música: joão braga)

ANA SOFIA VARELA
06. Fado das tamanquinhas (letra: joão linhares barbosa música: carlos neves)
07. Água e mel (letra: carlos barbosa de carvalho música: miguel ramos)
08. Vou dar de beber à dor (letra & música: alberto janes)
09. Barco negro (poema: david mourão-ferreira música: piratini/caco velho)

JOÃO BRAGA
10. Ternura (poema: david mourão-ferreira música: joão braga)
11. Saudades do brasil em portugal (poema: vinícius de moraes música: homem cristo)
12. Um carnaval (poema: alexandre o’neill música: joão braga/jaime santos jr.)
Carlos gonçalves, jaime santos jr., Y joel pina
13. Variações em mi menor (música: armandinho arranjo: c. Gonçalves, j. Santos jr., Y j. Pina)

MARIA ANA BOBONE
14. Leve, breve, suave (poema: fenando pessoa música: joão paulo esteves da silva)
15. Meu nome é nome de mar (poema: manuel alegre música: joão braga)
16. Com que voz (poema: luiz de camões música: alain oulman)
17. Havemos de ir a viana (poema: pedro homem de mello música: alain oulman)

JOÃO BRAGA
18. Bem sei (poema: fenando pessoa música: joão braga)
19. Amália (poema: manuel alegre música: josé fontes rocha)
20. Fado do estudante (poema: amadeu do vale música: jaime mendes)

JOÃO BRAGA, MARIA ANA BOBONE Y ANA SOFIA VARELA
21. Samba em prelúdio (poema: vinícius de moraes música: baden powell)
22. Marcha da quarta-feira de cinzas (poema: vinícius de moraes música: baden powell) 23. Apelo (poema: vinícius de moraes música: carlos lyra)
24/25. Lisboa antiga (poema: josé galhardo/amadeu do vale música: raul portela)/Lisboa à noite (poema: fernando santos música: carlos dias).