Escoitar

A Concellería da Muller lanza unha campaña contra os malos tratos baixo o lema de "Eu non son cómplice"

Baixo o lema de "Eu non son cómplice" a Concellería da Muller inicia unha campaña contra os malos tratos que pretende convertir este lema nun compromiso de toda a sociedade que se extenda por outras cidades. "Queremos que todos os grupos municipais, institucións e en xeral toda a sociedade asuman a súa responsabilidade. Que a sociedade comprenda que facer oídos xordos é a máis terrible das complicidades frente a un problema que gaña en incidencia cada ano e que este ano xa acabou coa vida de oitenta mulleres", explicou María Xosé Porteiro ao longo da rolda de prensa de presentación.

mércores, 26 nov 2003
1069774864porteiro.jpg
María Xosé Porteiro estivo acompañada polos creativos da campaña.
"A violencia de xénero é un grande problema e o silencio social é absoluto", engadiu a Concelleira, "queremos que a sociedade fale dunha vez, que non cale cando saiba dalgún destes casos. Esta é unha campaña dirixida a todos os que a queiran facer súa para que as víctimas da violencia de xénero sexan recoñecidas como víctimas dun tipo de terrorismo". O obxectivo principal desta iniciativa é producir nun periodo dado de tempo, que a proposta esteblece en seis meses, unha saturación de mensaxes contra a violencia das mulleres, implicando a tódolos cidadáns unha posición meridiana: O silencio, a pasividade, a innacción, son cómplices.

A consecución deste propósito require a participación de medios de comunicación, figuras de renombre social, político e económico, non para que difundan unha campaña institucional do Concello de Vigo, senón para que fagan seu este lema e o empreguen para manifestar a súa postura fronte a violencia cara as mulleres, como axentes activos e que a mensaxe acade a máxima difusión.
Descargar todas as imaxes