O 86 por cento das persoas contratadas coas axudas municipais ao emprego foron mulleres
A Concellería de Promoción Económica e Emprego ven de conceder, no marco do Plan Municipal de Emprego 2000-2003, as axudas municipais á contratación solicitadas en base á convocatoria do presente ano 2000. Dos 18.000 euros de presuposto cos que se contaba, concedéronse subvencións a 13 empresas de Vigo pola contratación de 22 persoas desempregadas, das que 19 foron mulleres e 3 homes, o que supón unha porcentaxe feminina superior ao 86 por cento.
Segundo explicou en rolda de prensa a concelleira responsable, Belén Sío, con esta convocatoria se formalizaron 16 contratos de seis meses e 6 contratos de doce meses, no periodo comprendido entre o 1 de novembro do pasado ano 2002 e o 31 de agosto do presente 2003. A condición requerida para beneficiarse destas axudas municipais é que as persoas desempregadas que se contraten participaran nalgunha das accións ou programas do Plan Municipal de Emprego.
A convocatoria deste ano é a máis ampla dos últimos exercicios, xa que no 2002 contratouse a 20 persoas en dez empresas, e no 2001 a cifra de persoas que se incorporaron a un posto de traballo foi de 15, mentras que o número de empresas que accederon a subvencións elevouse a once.
As contías das subvencións son proporcionais á xornada laboral do contrato, completa ou parcial, ao tempo de duración, seis ou doce meses, e se incrementan no caso de que as persoas contratadas sexan mulleres ou titulados universitarios en desemprego.
Segundo explicou Belén Sío, o Goberno muncipal está a traballar nestes momentos na posta en marcha do plan de emprego Promil II, un programa que na súa primeira edición proporcionoulle traballo a máis de sesenta persoas.
Descargar todas as imaxes