Plan Local de Vigo sobre Drogodependencias e outras adiccións
As entidades que conforman o PLsDA desenvolverán distintas actividades para conmemorar este día. O luns, 1 de decembro, instalarán unha carpa na rúa Príncipe, diante do Banesto en horario de mañá e tarde, ofrecendo información e material impreso do Plan Galego da Sida e do Ministerio de Sanidade.
DO PLAN LOCAL SOBRE DROGODEPENDENCIAS
E OUTRAS ADICCIÓNS DE VIGO CON MOTIVO DO
DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA
(1 DE DECEMBRO DE 2003)
A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarara Día Mundial da SIDA o 1° de decembro de 1988. Na actualidade, máis de 41 millons de persoas están afectadas polo VIH/SIDA.
O Día Mundial de loita contra a SIDA 2003, resalta o "Vivir e deixar vivir", lema da Campaña Mundial contra a SIDA 2002-2003, que se enfoca en elimina-lo estigma e a discriminación, os maiores obstáculos para a prevención e o coidado de persoas afectadas polo VIH/SIDA, así como nos problemas asociados co financiamiento da loita contra a SIDA e o acceso ó tratamento do VIH.
O Día mundial de loita contra a SIDA conmemórase cada 1 de decembro en todo o mundo co fin de celebra-los progresos acadados na loita contra a epidemia, así como para lembrárno-los retos que aínda están pendentes.
O VIH/SIDA é unha emerxencia global: dez persoas son infectadas cada minuto,
cada día, o 95% delas nos países en desenrolo. A SIDA é o asasino número un de persoas en Africa e o número catro de persoas no mundo. A epidemia está propagándose nunha taxa alarmante entre as mulleres, que constitúen actualmente a metade das persoas infectadas no mundo. No Día Mundial da Loita contra a SIDA, Kofi Annan, Secretario Xeral da ONU, urxirá á comunidade internacional a cumpli-las súas obrigas como está previsto na Declaración de Compromiso de Loita contra o VIH/SIDA (2001). As Nacións Unidas e os seus organismos especializados están na primeira liña dos esforzos globais para combati-lo VIH/SIDA.
O Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo súmase a este día destacando as consecuencias sociais da SIDA, reclamando axuda para loitar contra o medo, a vergoña, a ignorancia, a inxustiza, a marxinación e a insolidariedade en todo o mundo, que quizáis sexan máis duras que o padecemento da propia enfermidade.
Debemos facer fincapé na prevención de colectivos de risco, como son os adolescentes, así como na educación e na tolerancia, e recalca-la consideración efectiva do VIH coma unha enfermidade crónica, que posibilite a asistencia continuada e o acceso por exemplo, ás P.N.Cs dende o momento de diagnóstico da enfermidade. Destacamos, particularmente, a necesidade de aborda-las problemáticas de aqueles enfermos de virus da hepatite C, que padece unha porcentaxe moi elevada de persoas con VIH.
Destaca-lo afianzamento dos programas de reducción do dano, coma medida axeitada no traballo coas persoas que padecen esta enfermidade.
Debemos facer tamén, unha chamada á concienciación dos medios de comunicación, sabedores do labor preventivo-educativo que teñen.
As entidades que conforman o PLsDA desenvolverán distintas actividades para conmemorar este día. Destacamos, así, as organizadas polo Grupo de Autoapoio VIH/SIDA e Adiccións "O IMÁN", que o domingo 30 de novembro ás 6 da tarde na rúa Príncipe, nas escalinatas do Museo do Marco, fará unha foto cartel, unha solta de globos vermellos e leerá unha reflexión sobre a SIDA poñendo en escea unha representación para vivencia-las actitudes de repulsa que aínda seguen a vivi-las persoas afectadas polo VIH/SIDA. O luns, 1 de decembro, instalarán unha carpa na rúa Príncipe, diante do Banesto en horario de mañá e tarde, ofrecendo información e material impreso do Plan Galego da Sida e do Ministerio de Sanidade, material informativo de elaboración propia e desenvolvendo o programa de preservativos no entorno familiar, distribuíndo envases con preservativos e información do seu correcto uso.