luns, 12 abr 2021
O alcalde salientou esta mañá que “se sentirá moi honrado” cando lle entregue o galardón de Viguesas Distinguidas ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. Estas 397 mulleres que atenden a 1.200 usuarias fixeron un traballo especialmente “inestimable” durante a pandemia.
luns, 12 abr 2021
En declaracións este luns, Abel Caballero valorou que o servizo municipal “funcionou extraordinariamente ben” no pasado mes, con acompañamentos a persoas maiores nas súas xestións co médico, a compra ou a farmacia, e en distintas zonas da cidade.
venres, 9 abr 2021
Segundo informou o alcalde, desde este venres ata o 27 de abril, os interesados poden presentar a súa candidatura á convocatoria, dotada de 25.000 euros para facilitar os desprazamentos en taxi das persoas cunha mobilidade reducida que lles impide utilizar o transporte público colectivo.
mércores, 7 abr 2021
As achegas de emerxencia beneficiaron a case 35.000 persoas desde o inicio da pandemia cun orzamento de 1,9 millóns de euros. O perfil deste servizo é agora un traballador ou traballadora en ERTE que non pode asumir o alugueiro ou a hipoteca.
martes, 6 abr 2021
O alcalde mantivo un encontro este martes con Gorka de Luis e Zaida Jiménez, representantes da Fundación Secretariado Xitano, que lle entregaron a bandeira que ondeará no Concello este próximo xoves, 8 de abril, para conmemorar o Día do Pobo Xitano. Amais, Caballero adiantou que unha persoa da entidade lerá un manifesto no Pleno Municipal deste mes de abril.
mércores, 31 mar 2021
Celebrada este mércores, a sesión plenaria correspondente ao mes de marzo comezou coa lectura do manifesto da man de Carmen López, directora sociosanitaria e responsable da área de acollida de Fegerec, a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas.
martes, 30 mar 2021
A Xunta de Goberno Local aprobará o expediente de contratación, por procedemento aberto, das obras de rehabilitación da edificación situada na rúa Alta número 23., e tamén o proxecto de renovación da iluminación do Parque de Castrelos, por 623.000 euros, e a humanización de Severino Covas, cun orzamento de 440.000 euros.
venres, 26 mar 2021
Abel Caballero quere recoñecer con este galardón o labor desenvolvido desde o inicio da pandemia polos comedores, que prepararon máis de 65.000 menús, e o esforzo do persoal municipal da área de Benestar Social que atendeu as necesidades que foron xurdindo.
mércores, 24 mar 2021
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao expediente de contratación dos servizos de xestión da nova escola infantil municipal de Bembrive por un período de catro anos.
mércores, 17 mar 2021
O alcalde explicou este mércores que con este proxecto de colaboración ámbalas entidades queren reducir as situacións de pobreza enerxética na cidade cun orzamento de 50.000 euros anuais que permitirán realizar intervencións para mellorar a eficiencia enerxética.