Caballero fai entrega dos diplomas de "habilidades dixitais" do Plan de Inclusión municipal
O curso completárono 22 alumnos. O alcalde subliñou o esforzo que realizaron estas persoas, todas elas en situación de desvantaxe social. Co obxectivo de proporcionar igualdade de oportunidades e mellorar á súa situación, ás técnicas de inclusión do Concello desenvolven accións para mellora en habilidades sociais, relacionais e de coñecementos. A finalidade desta formación é romper a brecha dixital e que adquiran coñecementos na utilización correcta e segura dos smartphones nas súas distintas funcionalidades, iniciándolles nas xestións telemáticas coas administracións públicas.
