Escoitar

Máis de 400 mozos e mozas sucaron esta semana a ría ao bordo do Nautilus

Abel Caballero saudou aos participantes do programa municipal “Unha xanela aberta á ría de Vigo” no que hoxe participaron case 100 alumnos do CPR Divino Salvador, CPR Andersen e o CPR Losada. O alumnado ten a oportunidade de coñecer o funcionamento, formación e produtividade da ría de Vigo e a inmensa riqueza das súas augas, o funcionamento do Nemo, un ROV submarino (vehículo non tripulado) que ofrece imaxes en calidade 4K, que permiten ver o fondo da ría ou os mexillóns nas bateas, comproban como se utiliza unha mostra de plancto vivo, como é a inmersión co robot subacuático para visualizar o cultivo do mexillón e identificar as especies de fauna e flora que se vexan durante a inmersión.

venres, 6 mai 2022
Descargar todas as imaxes