A Corporación apoia o manifesto de emancipatic.org para facilitar o uso das tecnoloxías aos maiores
Todos os grupos votaron a favor das medidas propostas pola plataforma emancipatic.org.
Unanimidade no pleno para amosar o apoio a plataforma emancipatic.org no seu manifesto de facilitar o acceso e o uso das tecnoloxías dixitais ás persoas maiores.
Segundo debateu a edil de Benestar Social, Yolanda Aguiar, o obxectivo é garantir a plena inclusión dos maiores, con e sen discapacidade, con recursos sociais destinados a dar respostas enfocadas no respecto pleno á súa dignidade, dereitos, intereses e preferencias contando coa súa participación efectiva.
Deste xeito, todos os grupos votaron favorablemente para promover unhas actitudes sociais que partan do respecto pleno a súa dignidade, liberdade, intereses, preferencias e ao dereito que lles ampara a ter unha participación e unha vida social efectiva de xeito que estean contextualizadas na sociedade dixital en igualdade de condicións.
Outro punto que subliñou Aguiar foi o de promover, incentivar e defender que os dispositivos, produtos, aplicacións e servizos tecnolóxicos sexan accesibles para todas as persoas, con especial atención a internet. Tamén manifestou o desenvolvemento de iniciativas e plans de axudas públicas para dotar ás persoas maiores dos coñecementos e habilidades necesarios para utilizar de maneira independente as ferramentas dixitais.