O alcalde acompaña a Felipe VI na inauguración da Cidade da Xustiza
Abel Caballero formou parte da comitiva que esta mañá acompañou ao rei Felipe VI na inauguración da Cidade da Xustiza de Vigo. Na visita tamén estiveron presentes outras autoridades como a ministra de Xustiza, Pilar Llop; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; ou presidente do Tribunal Supremo e do CGPJ, Carlos Lesmes.